Ir o contido principal

A USC solicita a adhesión ao manifesto da Unión de Editoriais Universitarias Españolas

Reivindícase o papel fundamental dunhas editoriais que publican preto do 7 por cento dos títulos do Estado

Co gallo do Día do Libro a Unión de Editoriais Universitarias Españolas, á que pertence a USC xunto con 58 universidades e centros de investigación máis, reivindica nun manifesto o seu fundamental papel no sector do libro en España (publican preto do 7 por cento do total dos títulos que se editan no Estado).
No texto, para o que piden a adhesión a través de internet, reclámase o recoñecemento “que lle corresponde á edición universitaria como elemento clave na transmisión do coñecemento científico que se xera no noso campus e como peza fundamental de apoio na educación superior”.
Solicitan ademais das Administracións Públicas un tratamento “igualitario” na valoración das publicacións universitarias, “esixindo” un baremo que só teña en conta criterios obxectivos de calidade e “que se aplique a todos os editores”.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 23.04.2009.