Ir o contido principal

A USC sonda entre o PAS e PDI a posibilidade de organizar campamentos urbanos en vacacións para nenos e nenas

A enquisa en liña poderase cubrir ata o 13 de maio

O Plan Estratéxico de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes da USC está a estudar a posibilidade de pór en marcha un programa de campamentos urbanos en períodos de vacacións para fillos e fillas do persoal da USC.
Para coñecer a demanda real desta iniciativa, a Vicerreitoría de Calidade e Planificación a través da Oficina de Igualdade de Xénero vén de colgar no web unha enquisa web. Trátase de, á vista do resultado, poder ofrecer un servizo útil e de calidade adaptado ás necesidades dos traballadores e traballadoras da USC.
A enquisa, que xa foi enviada xunto co código de acceso persoal a todos os docentes, investigadores e investigadoras e persoal de administración e servizos, poderase cubrir ata o 13 de maio de 2009.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 30.04.2009.