Ir o contido principal

USC en Transición organiza un seminario sobre grupos de consumo simultáneo en Santiago e Lugo

Co obxecto de coñecer as experiencias que existen en Galicia sobre os grupos de consumo, o vindeiro 19 de marzo desenvolverase simultaneamente en Santiago e Lugo un seminario en colaboración coa cooperativa de consumo Eirado e a asociación A Cova da Terra. Esta actividade encádrase no Proxecto de Hortos Urbanos do Programa USC en Transición promovido pola Oficina de Desenvolvemento Sostible da USC. A aposta polo consumo de produtos ecolóxicos a un prezo asumible é unha das principais motivacións na creación de grupos de consumo. Ademais, o reparto das tarefas, o coñecemento directo das persoas produtoras e compartir tempo de traballo e celebración contribúen a un xeito de consumo responsable que ten en conta o respecto ao medio ambiente, a saúde e a dignidade dos produtores. O seminario impartirase ás 19:30 horas dende a Sala de Xuntas da Facultade de Formación do Profesorado de Lugo e a Sala de Xuntas da Facultade de Farmacia de Sanrtiago. A entrada será libre ata completar aforo.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 14.03.2013.