A USC e a Universidade Autónoma de Chile acordan colaboracións en materia de doutoramento e posgrao

O vicerreitor de Investigación e Posgrao da Universidade Autónoma de Chile, Iván Suazo, mantivo estes días na USC diversas xuntanzas con responsables da institución compostelá coa fin de ampliar a súa oferta académica en doutoramento e posgrao.
Así, este luns reuniuse coas vicerreitoras de Internacionalización e de Investigación e Innovación, Almudena Hospido e Isabel Rodríguez; co vicerreitor de Oferta Docente, Roberto López; e co director do Centro de Doutoramento, Ramón Leis.
Noutra orde de cousas, acordouse que o profesor da USC Eugenio Uriarte exerza como asesor externo no grao de Química e Farmacia que comeza a impartirse este curso na universidade chilena.