A USC e a Universidade Kumamoto de Xapón desenvolverán actividades docentes e de desenvolvemento científico e tecnolóxico

O reitor Juan Viaño e a o presidente da Universidade Kumamoto de Xapón, Shinji Harada, asinaron este mércores 31 en Xerome un convenio entre ambas institucións co deseño de promover a cultura científica a través da colaboración nos campos de investigación e docencia. O obxectivo principal do acordo é a promoción do desenvolvemento e a difusión da cultura e, especialmente, o desenvolvemento da educación superior en grao e posgrao así como a investigación científica e tecnolóxica.
Este acordo marco contempla o desenvolvemento de programas específicos para o intercambio de persoal docente e investigador, así como de estudantado; actividades formativas para docentes e persoal investigador; intercambio de información e documentación; cursos de grao e posgrao; organización de seminarios, conferencias ou encontros de debate; así como o desenvolvemento de publicacións ou proxectos de investigación conxuntos. A vixencia inicial deste convenio estenderase por un período de catro ano.
A delegación da Universidade Kumamoto xunto co reitor, a vicerreitora de Internacionalización e persoal deste departamento. Foto: Servimav-USC