Ir o contido principal

A USC, entre as universidades españolas que máis axudas percibiron para mobilidade de profesores visitantes nos programas de doutoramento con Mención de Calidade

A Universidade de Santiago percibiu un total de 215.649,90 euros na convocatoria de axudas para o presente curso do Ministerio de Educación e Ciencia dirixidas a facilitar a mobilidade de profesores visitantes nos estudos de doutoramento con Mención de Calidade.
A contía percibida sitúa á universidade compostelá no quinto lugar de entre todas as institucións de educación superior de España que se presentaron á convocatoria. Da USC acadaron estas axudas os dezaseis programas de doutoramento que o solicitaron e que representan unha gran porcentanxe dos que contan nesta Universidade coa referida Mención ministerial.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 01.02.2007.