USC e Vicepresidencia da Deputación de Lugo unen esforzos na validación de sensores de medición de metano en granxas

USC e Vicepresidencia da Deputación Provincial de Lugo veñen de asinar un convenio para financiar os gastos derivados da execución da actuación “Asistencia técnica para a elaboración do proxecto Validación de sensores de medición de metano e estudo da relación entre emisións medidas e as previstas polas recomendacións do IPCC en granxas de gando bovino de leite”, na anualidade 2025.
Esta actuación consiste na elaboración dun proxecto innovador, no marco das axudas destinadas á execución de proxectos de grupos operativos da Asociación Europea para a Innovación (AEI), co obxectivo de abordar un desafío específico no ámbito agrícola, mediante a incorporación de enfoques innovadores que promovan a sustentabilidade, a dixitalización e a mellora da competitividade nas actividades agroalimentarias.