A utilización da Resonancia de Spin Electrónica no Campo da Química Inorgánica, tema dunha conferencia en Farmacia
O Departamento de Química Inorgánica da USC organiza este xoves 22 a conferencia que o profesor da Universidade de Sao Paulo, Octaciro Rangel Nascimento, vai pronunciar na Facultade de Farmacia.
A intervención leva por título ‘Últimos avances relacionados coa utilización da Resonancia de Spin Electrónica no Campo da Química Inorgánica’ nun acto previsto para ás 12:00 horas no Salón de Graos do centro compostelán.