A valorización da produción de madeira, a debate o luns 4 de novembro na Escola Politécnica Superior
A Escola Politécnica Superior do campus de Lugo acollerá o vindeiro luns, día 4 de novembro, a partir das 16.00 horas, unha táboa redonda sobre a valorización da produción de madeira.
O presidente da asociación de promotores de madeira de Ribadeo (Promarriba), Anxo Martínez, e o tecnólogo da madeira Francisco Pedras, son os dous relatores convidados a participar o vindeiro luns na táboa redonda sobre valorización da produción de madeira. Esta sesión, que está aberta a todo público interesado no tema, desenvolverase na sala de xuntas da Escola Politécnica Superior. Esta nova táboa redonda de debate e análise encádrase dentro da cuarta edición das xornadas ‘ Mundo Rural Galego a Debate’, un ciclo promovido polo Grupo de Innovación Educativa Ruralia, que atopa a súa sede na Escola Politécnica Superior.