Ir o contido principal

Este venres 8 remata o prazo para presentar candidaturas ás eleccións de representantes do estudantado nas Xuntas de Centro

A publicación do censo definitivo terá lugar o día 28 deste mes. Foto: Santi Alvite
A publicación do censo definitivo terá lugar o día 28 deste mes. Foto: Santi Alvite
As eleccións serán o 26 de novembro

A elección de representantes do estudantado de grao e mestrado nas Xuntas de Centro desenvolverase o vindeiro 26 de novembro, mediante voto electrónico en horario de 9.00 a 18.00 horas, tal e como acordou a Comisión Electoral Central (CEC). O prazo de presentación de candidaturas remata este venres 8 de novembro, e a campaña electoral será entre o 15 e o 22 dese mes. 

Son electores e elixibles as persoas censadas no sector de estudantes, que deberán facer a través da aplicación electoral todos os trámites relacionados con este proceso.

A proclamación definitiva de persoas electas coñecerase o 3 de decembro.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 05.11.2024.