Ir o contido principal

Verán CampUSC 2013 amplía os seus horarios en todas as quendas

Verán CampUSC 2013 ampliará o seu horario que agora se estenderá de 8.45 a 14.30 horas para as todas quendas. Actualmente está aberta unha nova convocatoria desta actividade deportiva, cultural, socioeducativa e de lecer dirixida a nenos e nenas de entre 3 e 13 anos de idade que permitirá conciliar a vida laboral e familiar neste período de vacacións escolares. Ata o 5 de maio estará aberto o período de preinscrición para todo tipo de solicitantes. A listaxe de persoas admitidas publicarase o 7 de maio, que poderán formalizar a súa praza ata o 20 do mesmo mes efectuando o pagamento. A edición 2013 deste campus para nenos desenvolverase en quendas de luns a venres, entre o 25 de xuño e o 31 de xullo e desde o 2 ao 6 de setembro, cuns prezos que se manteñen fixos dende hai xa dúas edicións e con descontos en función do número de quendas e de rapaces que matriculen. As quendas a escoller son do 25 ao 28 de xuño, do 1 ao 12 de xullo, do 15 ao 19 de xullo, do 22 ao 31 de xullo e do 2 ao 6 de setembro.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 23.04.2013.