Ir o contido principal

Veterinaria celebra este sábado o acto imposición de insignias e diplomas da súa derradeira promoción de licenciatura

O reitor Juan Casares presidirá a cerimonia académica, na que participarán 103 estudantes, apadriñados polo profesor Gonzalo Fernández Rodríguez

O reitor da USC, Juan Casares, presidirá este sábado, a a partir das 11.30 horas, no auditorio Enrique A. González García, o acto de entrega de insignias e diplomas da súa derradeira promoción de licenciatura, un acto académico no que participarán un total de 103 estudantes que completaron a súa formación académica no quinquenio 2009-2014 e dos que actuará como padriño o profesor do Departamento de Patoloxía Animal da USC Gonzalo Fernández Rodríguez.

O alcalde de Lugo, José López Orozco; o secretario Xeral de Universidades, Alberto Díez de Castro; a vicepresidenta segunda de Deputación Provincial de Lugo, Lara Méndez, o presidente do Colexio Oficial de Veterinarios de Ourense, Juan José Gómez, e o decano da Facultade de Veterinaria de Lugo, Germán Santamarina Pernas, tamén intervirán no acto académico de licenciatura da vixésima sexta promoción de veterinarios/as egresados do campus lugués. O veterinario de Zoetis Nacho Peón Valle ofrecerá no marco desta cerimonia académica un relatorio baixo o título ‘¿Y ahora qué?’. Ao remate da súa intervención, procederase á entrega do xuramento do médico veterinario a todos/as os/as integrantes desta nova promoción de veterinarios/as, que tamén serán agasallados/as, por parte do Colexio Oficial de Veterinarios de Ourense, co libro ‘Hill’s Atlas of Veterinary Clinical Anatomy’.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 30.05.2014.