Ir o contido principal

O vicerreitor de Relacións Institucionais asiste en Cádiz á reunión da executiva da Comisión Española Universitaria de Relacións Internacionais da CRUE

O vicerreitor de Relacións Institucionais da USC, Lourenzo Fernández, asiste este luns en Cádiz a unha xuntanza da executiva da Comisión Española Universitaria de Relacións Internacionais da Conferencia de Reitores de Universidades Europeas (CEURI).
Nesta reunión tratarán temas pendentes co Ministerio de Ciencia e prepararán o vindeiro plenario a celebrar en maio en Granada. Precisamente o último plenario do CEURI tivo lugar na Universidade de Santiago, na que o secretario de Estado de Universidades, Màrius Rubiralta, anunciou a creación da Fundación Universidad.es.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 02.03.2009.