O vicerreitor de Relacións Institucionais da USC asistiu en Westminster á xuntanza do Comité Executivo do Grupo Compostela de Universidades
O vicerreitor de Relacións Institucionais, Lourenzo Fernández Prieto, vén de asistir na Universidade de Westminster á xuntanza do Comité Executivo do Grupo Compostela de Universidades.
Nesta xuntanza presentáronse os informes dos diferentes proxectos que o Grupo desenvolve actualmente, ademais de tratar novas iniciativas de cara ao futuro como a de colaborar coa World Association of Co-operative Education (WACE) na organización dun seminario especializado no mes de decembro de 2008 en Madrid. Neste senso, o Grupo tamén cooperará coa European Access Network (EAN) no desenvolvemento da súa conferencial anual en Berlín o vindeiro ano.
Pechando a orde de asuntos tratados na xuntanza, o Comité Executivo confirmou a celebración en setembro de 2008 da vindeira Asemblea Xeral do Grupo na Universidade de Roehampton.