Ir o contido principal

A vicerreitora de Estudantes recibiu os deportistas universitarios de alto nivel e medallistas nos campionatos de España universitarios

A vicerreitora nun momento do encontro celebrado este mércores no Salón Reitoral de San Xerome
A vicerreitora nun momento do encontro celebrado este mércores no Salón Reitoral de San Xerome

A vicerreitora de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social, Dolores Álvarez, recibiu este mércores en San Xerome os/as deportistas universitarios que alcanzaron algunha medalla nos Campionatos de España Universitarios así como aqueles/as que cursan estudos na USC e que están considerados como de alto nivel.

Son unha vintena de estudantes ante os que a vicerreitora reivindicou a vixencia dos valores que comparten a práctica deportiva e a etapa universitaria no proceso de formación integral das persoas. A visita coincidiu coa conmemoración do Día Mundial do Deporte Universitario.

Entre os deportistas de alto nivel atópanse os estudantes de Medicina Anxo Costa (taekwondo), Antonio Mª Santos (ximnasia), Patricia Celestino (natación sincronizada), Diego Torreiro (loita), Borja Bejo e Alejandro Casal (piragüismo), Xurxo Codesido (squash) e Alejandro Casal (piraguismo), o da Escola Técnica Superior de Enxeñaría Jacobo Gómez (piragüismo) e Iván González (loita) de Bioloxía.

Entre os medallistas en Campionatos de España Universitario destacan os axedrecistas Julio Suárez e Lucas Abal da Facultade de Matemáticas, Manoel Rodríguez (Física), Adrián Gómez (Xeografía) e David Gómez (Relacións Laborais); a karateka Paula Ramos da Facultade de Formación do Profesorado; o loitador Iván González (Bioloxía) e as taekwondistas Lucía Vietez e Ruth Tilve, ambas as dúas de Psicoloxía.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 20.09.2017.