Ir o contido principal

A vicerreitora María José Alonso, 'Galega Destacada'

O colectivo Diálogos 90 distinguiu á vicerreitora de Investigación da USC, María José Alonso, como Galega Destacada de 2008, xunto coa tamén investigadora Teresa Miras e a arquitecta Isabel Aguirre. Con este galardón honorífico, que xa vai na súa décimo sexta edición, quérese recoñecer cada ano o labor de tres mulleres nos máis variados campos profesionais.
A vicerreitora Alonso, natural de León, chegou a Galicia para estudar hai máis de tres décadas e xa nunca máis partiu destas terras. Catedrática de Farmacia, dirixe numerosos proxectos entre os que destaca o desenvolvemento dunha vacina contra a hepatite B que se administra por vía nasal, sen empregar xiringa, co que se evitaría o contaxio de enfermidades como a SIDA.
O traballo mereceu a atención da Fundación Bill e Melinda Gates que escolleu o seu proxecto entre máis de 1.500 de todo o mundo para financiar a investigación e así paliar canto antes os problemas de saúde que afectan ao Terceiro Mundo.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 12.02.2008.