Ir o contido principal

A VIII Invernada de Cine de Cabreiros proxecta ‘O latexo do tempo humano’, de María Martín Seijo

Escena do documental realizado sobre as vivencias rurais de O Empalme, en Xermade
Escena do documental realizado sobre as vivencias rurais de O Empalme, en Xermade
A iniciativa, promovida pola asociación de veciños en colaboración coa USC e o Colexio de Educadores e Educadoras Sociais de Galicia, inclúe sesións ata o 19 de decembro

A VIII Invernada de Cine de Cabreios, unha iniciativa de carácter cultural promovida pola asociación de veciños desta parroquia xermadesa en colaboración co Concello, a USC, o Colexio de Educadores e Educadoras Sociais de Galicia e a Deputación Provincial de Lugo,  ofrece este sábado a proxección do traballo audiovisual ‘O latexo do tempo humano’, unha creación de María Martín Seijo, cuxa temática xira arredor do estudo das pezas de madeira carbonizada do castro de Castromaior, en Portomarín.

Estruturada en cinco sesións, a presente edición da Invernada de Cine de Cabreiros que botou a andar a última semana de outubro coa proxección do documental ‘O Empalme. Unha historia rural colectiva’, ofrecerá ata o 19 de decembro tres novas sesións de filmoteca.

As datas sinaladas polos promotores da VIII Invernada de Cine de Cabreiros son o 21 de novembro, día no que está prevista a proxección de ‘O que Arde’, de Oliver Laxe. O documental ‘O país da moura’, que recolle diversas localizacións galegas, poderá visualizarse o 5 de decembro, mentres que Mamá Cabra pechará o 19 de decembro esta invernada cun espectáculo musical.

Todas as sesións promovidas ao abeiro desta iniciativa cultural comezarán ás 18.30 horas. O aforo está limitado a un máximo de 45-50 asistentes e as persoas interesadas deben solicitar o correspondente convite para cada sesión a través dos números de teléfono 686 104 780 ou 606 282 251.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 05.11.2020.