Ir o contido principal

Vinte seis titulados da USC en 2019 recolleron os seus premios Fin de Carreira

Os tres reitores, o presidente da Xunta, a conselleira de Educación e o secretario xeral de Universidades posan co alumnado premiado. FOTO: Santi Alvite
Os tres reitores, o presidente da Xunta, a conselleira de Educación e o secretario xeral de Universidades posan co alumnado premiado. FOTO: Santi Alvite
Este galardóns recoñecen as mellores traxectorias académicas do alumnado universitario galego, o seu traballo, esforzo e excelencia
Lugo, Santiago de Compostela

Os 26 titulados da USC en 2019 recoñecidos cos premios Fin de Carreira da Xunta de Galicia recolleron este venres en San Caetano o seu recoñecemento nun acto presidido polo presidente da Xunta de Galicia Alberto Núñez Feijóo, e ao que tamén asistiu o reitor da USC, Antonio López, xunto cos reitores da UDC e da UVigo. No acto tamén tomou parte a conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar. 

Pola USC foron premiados Lara María Quiñoa Piñeiro de Administración e Dirección de Empresas, Cristina Rodríguez Varela de Bioloxía, Celtia Buján Pazos de Comunicación Audiovisual, Lidia Gil Otero de Dereito, Cristina Cambeses Franco de Enxeñaría Química, Daniel Gómez Costas de Farmacia, Aldana Sabrina Colman Rucco de Filosofía, Carmen Jorge Díaz de Física, Sandra Piñeiro Pedreira de Historia, Sara Moure López de Historia da Arte, Noa García Garrido de Lingua e Literatura Españolas, Irma Silva Hervella de Lingua e Literatura Galegas, Sara Rodríguez Espiñeira de Lingua e Literatura Modernas, Andrea Falcón Leal de Matemáticas, Carlos Soutullo Castiñeiras, Cecilia Buján Bonino e José Manuel Busto Leis de Medicina, María Martínez Blanco e Rubén Iglesias Seoane de Mestre en Educación Primaria, Fátima Lousada Fernández de Odontoloxía, Marta Davila Fernández de Psicoloxía, Noa Varela Domínguez de Química, Alejandro Rodríguez Rey de Relacións Laborais e Recursos Humanos, Cynthia López Novo de Veterinaria, Roberto Vila Lage de Xeografía e Ordenación do Territorio e Mauro Bastón Piñeiro de Xornalismo.

Con este galardóns a Consellería de Educación recoñece as mellores traxectorias académicas do alumnado universitario galego, o seu traballo, esforzo e excelencia. Cada un dos galardoados acada un premio de ata un máximo de 3.000 euros e un diploma acreditativo, o que supón un recoñecemento institucional e un valor engadido para o seu currículo.

Estes premios están dirixidos ao alumnado universitario que cursase de forma íntegra os estudos da titulación universitaria pola que opta ao premio nas universidades galegas, e que teña acadado unha puntuación media no seu expediente académico igual ou superior a 8'5 puntos, para o alumnado das ramas de coñecemento de Artes e Humanidades, Ciencias Sociais e Xurídicas, Ciencias e Ciencias da Saúde; e 7'5 puntos, para o alumnado da rama de Enxeñaría e Arquitectura.
 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 21.02.2020.