Ir o contido principal

A vixésima Reunión da Sociedade Española de Química Análica comeza este mércores na USC

A vixésima Reunión da Sociedade Española de Química Analítica celebrarase na Facultade de Medicina da USC entre este mércores 1 e o venres 3 de xullo organizada polo Departamento de Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía. Na xuntanza presentaranse e discutiranse os avances científicos e técnicos e as innovacións nesta área da química e outros cuestións relacionadas coa docencia desta disciplina. O programa inclúe un amplo espectro de contidos de carácter interdisciplinar nos que se propoñen aproximacións da química analítica a cuestións relacionadas co medio ambiente, a alimentación, instrumental e métodos, nanotecnoloxía, bioanálise e análise forense, quimiometría ou cualimetría, entre outros. Impartirán as conferencia plenarias os profesores Janusz Pawliszyn, da Universidade de Waterloo; Jürgen Popp da Universidade de Jena; Susan Olesik, da Universidade de Ohio; e o catedrático da USC Ángel Carracedo. A sesión deste mércores comezará ás 10.00 horas cunha xornada de especializada sobre retos en especiación Química, baixo o lema ‘Novos analitos, novas metodoloxías’.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 30.06.2015.