Ir o contido principal

Voces Ceibes recibe o vindeiro xoves unha homenaxe con motivo do 40 aniversario do seu primeiro concerto na Facultade de Medicina

Ofrecerán, xunto con integrantes de Ataque Escampe, un concerto no centro compostelán

Integrantes do grupo Voces Ceibes e de Ataque Escampe ofrecerán o vindeiro xoves 4 un concerto homenaxe organizado pola USC nun acto que conducirán Manuel Pombo Arias e Bea Méndez a partir das 20:00 horas no Salón de Actos da Facultade de Medicina.
Esta sesión homenaxe irá precedida do descubrimento na mesma Facultade dunha placa dedicada aos membros da comunidade universitaria represaliados durante o franquismo. Ademais, os integrantes do grupo tamén descubrirán outra no mesmo Salón de Actos do centro en conmemoración do 40 aniversario dos primeiros concertos ofrecidos por Voces Ceibes, o primeiro o 26 de abril de 1968 e o seguinte xa o día 1 de decembro no Capitol.
Voces Ceibes é un movemento musical que xorde nas aulas da institución docente compostelá nuns momentos de tensa conflitividade e que se estenderán ao longo do curso 1967-1968. Algúns dos integrantes deste colectivo son hoxe membros do profesorado da USC como Guillermo Rojo ou Jaime Barreiro.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 01.12.2008.