Volven os novos talentos musicais ao Paraninfo da Universidade

A partir do 19 de febreiro e ata finais de marzo desenvolverase no Paraninfo da Universidade o segundo ciclo de concertos Novos Talentos Musicais, co organizado con Compostela Sound. Serán nove recitais interpretados por 23 promesas galegas da música e un cuarteto de clarinetistas.
Todos os concertos serán no Paraninfo da Universidade (con entrada libre ata completar aforo) excepto o do 3 de marzo, que terá lugar na Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago de Compostela, e o do 10 de marzo, que desenvolverá a primeira parte na Igrexa e a segunda no Paraninfo. Os programados pola semana serán sempre ás 20.30 e os dos sábados ás 12.00 horas.
Programa O ciclo comeza o luns 19 no Paraninfo coa actuación do guitarrista Manuel Pérez Vázquez e a saxofonista Andrea González Pérez. Continuará o sábado 24 horas coa violinista Valeria Martínez Malec, o pianista Jacobo Ramos Casariego e o saxofonista Manuel García Carrera.
O luns 26 actuarán Óscar Vázquez Valiño (trombón baixo), Sergio Gómez Rodríguez (piano) e Francisco Gaspar Tomás López. Xa o sábado 2 de marzo será a quenda dos violinistas Alfonso Sánchez Velazco, Paula Diz Parrondo e Javier Crugeiras Ríos.
O ciclo continúa o luns 5 de marzo cos recitais de Beatriz Sánchez Morales (frauta travesa), Andrea Ramos Diéguez (clarinete) e David Poghosyan Antonyan (violín). O concerto do sábado 10 correrá a cargo de Adrián Regueiro García (órgano) e o dúo de voz e piano de Esperanza Mara Filgueira Rama e Estefanía Cereijo Omil.
Uxía Gómez Medal (violín), Yuri Durán Castro (piano) e María Rodríguez Estévez serán quen protagonicen o recital do luns 12; para continuar o ciclo o mércores 21 coa actuación de Buruktawit Martins González (violín), Martín Manuel Chaves Fraga (piano) e Manuel Doel Carreira.
O último dos concertos, o do sábado 24 de marzo, correrá a cargo de Ana María Senn Lozoya (piano) e do cuarteto de Clarinetes ‘Tetramorph’.