Ir o contido principal

Woman Emprende organiza unha xornada para o lanzamento do programa de información, asesoramento e orientación de Emega 2019

Emega é un programa de fomento do emprendemento feminino en Galicia
Santiago de Compostela

O programa Woman Emprende da USC presentará o luns 28 o programa de Información, asesoramento e orientación do programa Emega 2019 para o fomento do emprendemento feminino en Galicia. O lanzamento da edición 2019 deste programa celebrarase nun acto no Salón de Actos da Escola Galega de Administracións Públicas (r/ Madrid, 2. Santiago) a partir das 10.30 horas no que participarán o reitor Antonio López; o vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda Valenzuela; a secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella; e a directora de Woman Emprende, Eva López Barrio.

Logo do acto inaugural, nas xornadas falarase sobre a resolución das axudas do programa Emega 2019, concretamente sobre a documentación xustificativa da subvención e a presentación do servizo de información e asesoramento. A continuación haberá unha mesa de debate co lema ‘Mulleres, socialización diferenciadas e repercusión no emprendemento’. O programa Emega contempla unha axuda económica e, por parte da USC, un servizo gratuíto de información, asesoramento e orientación. A esta xuntanza están convocadas todas as mulleres beneficiarias da axudas do programa.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 09.12.2019.