Ir o contido principal

Xa está aberta a convocatoria para a asignación de prazas na Escola Infantil Breogán

A Vicerreitoría de Estudantes e Formación Continua acaba de abrir o prazo da convocatoria para a asignación de prazas na Escola Infantil Breogán para o vindeiro curso 2011-2012. A convocatoria diríxese a estudantes de 1º, 2º e 3º Ciclo e de programas oficiais, ao Persoal de Administración e Servizos e ao Docente e Investigador. O prazo para presentar as solicitudes, tanto de nova admisión como de readmisión, estenderase ata as 14:00 horas do próximo 23 de maio. Os impresos de solicitude poderán recollerse nas instalacións da propia Escola, en horario de 16:00 a 18:00) así como na páxina web http://www.usc.es/gl/servizos/breogan. Esta convocatoria inscríbese no marco do compromiso da USC coas accións de responsabilidade social así como das políticas activas e conciliación laboral coa persoal e familiar do conxunto da comunidade universitaria.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 12.05.2011.