Ir o contido principal

Xa está en marcha a oferta deportiva da USC para o mes de xullo

Na oferta deportiva están icluídas as actividades acuáticas. FOTO: Santi Alvite
Na oferta deportiva están icluídas as actividades acuáticas. FOTO: Santi Alvite
As inscricións poden comezar a formalizarse o día 9 de xuño, a partir das 9.00 horas, para a categoría A, e o 16 de xuño, a partir da mesma hora, para as categorías B e C
Santiago de Compostela

A Área Deportiva da USC xa ten en marcha a súa oferta de actividades deportivas, incluídas as acuáticas, para o vindeiro mes de xullo. As inscricións poden comezar a formalizarse o día 9 de xuño, a partir das 9.00 horas, para a categoría A, e o 16 de xuño, a partir da mesma, hora para as categorías B e C.

Ioga, Kung Fu, Mindfulness, Pilates, Tai Chi-Chi Kung, Tenis e Ximnasia terapéutica integran a oferta deportiva da USC para o vindeiro mes. A esta listaxe engádese, no capítulo de actividades acuáticas, o Aquagym e distintas modalidades de natación. 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 06.06.2025.