En xaneiro ábrese a convocatoria de mobilidade de estudantes para destinos estatais e internacionais
A convocatoria de mobilidade de estudantes para destinos estatais e internacionais abrirase este mes de xaneiro de maneira simultánea para os programas Erasmus, Erasmus prácticas, Sicue, Convenios bilaterais e Países de Fala Inglesa.
Aproveitando a convocatoria, e co fin de promover a mobilidade de estudantes e profesores, a Vicerreitoría de Política Internacional organiza o ‘Internacional Day’, unha xornada na que se darán a coñecer outros países e oportunidades de estudo a través do contacto directo cos estudantes internacionais. Será o 14 de Xaneiro na EPS de Lugo e o día 21 na Facultade de Xeografía e Historia de Santiago.
Novidades salientablesA novidade máis importante deste ano é a convocatoria específica para mobilidade de países de fala inglesa fóra do Espazo Europeo de Educación Superior. A eles poderá concorrer quen acredite o diploma TOEFL, requisito indispensable para ser aceptado nesas universidades, que nos últimos meses conseguiron na USC máis de 50 estudantes.
Pola súa banda, para o programa Erasmus Prácticas a USC participa nesta edición en dous consorcios de empresas españolas que contan con sedes en países europeos.
PrazosSerá o 11 de xaneiro cando se abra o prazo de presentación de solicitudes, que continuará aberto durante un mes, este ano cunha maior implicación dos centros en canto ao asesoramento aos alumnos. A notificación da selección efectuarase na última semana de febreiro, cando comezará a proba de idiomas. Prevese que todo o proceso remate a finais de marzo.
Internacional DayStands e presentacións sobre as universidades e culturas dos países dos que a USC recibe estudantes conformarán un día internacional no que as actividades serán realizadas, nun ambiente distendido, polos propios alumnos que chegan de fóra. As mellores iniciativas levarán premio.