O xefe de vendas de Saint-Gobain Weber falará este xoves sobre as aplicacións dos áridos lixeiros na enxeñaría civil na EPS
O relatorio do enxeñeiro de Camiños Manuel Alcantarilla Barbero desenvolverase a partir das 12.30 horas no salón de actos de actos do centro universitario
A Escola Politécnica Superior do campus de Lugo acollerá este xoves 31 de xaneiro, a partir das 12.30 horas, unha conferencia sobre as aplicacións dos áridos nas obras de enxeñaría civil, a cargo do enxeñeiro de Camiños e xefe de vendas de Saint-Gobain Weber.
O relatorio de Manuel Alcantarilla Barbero, organizada polo grupo de investigación en Enxeñaría Civil e Enerxías Mariñas do Departamento de Enxeñaría Agroforestal da EPS, está aberta á asistencia de todo o público interesado.