Ir o contido principal

Xeografía e Administración e Dirección de Empresas celebran a graduación de nova promoción

As promocións 2007-2012 de Xeografía e de Administración e Dirección de Empresas celebrarán este sábado 28 os seus respectivos actos de licenciatura. O primeiro deles, o que se celebrará na Facultade de Xeografía e Historia, comezará ás 18.00 horas coa participación do decano do centro, Juan Monterroso; o director do Departamento de Xeografía, José Antonio Aldrey; e Mª Isabel Fernández Justo e Rafael Rodríguez Martínez-Conde, como madriña e padriño. A quenda de intervencións comezará da man de Carlos Edreira e Miguel Anxo Serén, en representación do alumnado, seguidos da proxección dun vídeo que rememorará estes anos de estudo e do discurso da madriña e padriño da promoción. As intervencións de José A. Aldrey e Juan Monterroso dará paso á entrega de diplomas conmemorativos ao alumnado que agora remata estudos. ADE O acto de licenciatura de Administración e Dirección de Empresas comezará ás 18.30 horas nunha sesión que se desenvolverá no Palacio de Congresos e Exposicións. Na mesa presidencial estarán presentes a decana do centro, Mª Emilia Vázquez; o profesor Miguel Vázquez Taín en representación do Colexio de Economistas da Coruña; e Ángel Ignacio Fernández, en representación do profesorado do centro. Nesta ocasión exercerá como padriño da promoción Xosé Mª Arias, presidente de Banco Pastor e da Fundación Barrié.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 27.04.2012.