Xeografía e Historia entregou as súas insignias
A Facultade de Xeografía e Historia entregou este venres no Paraninfo as insignias ao persoal, tanto docente como de administración e servizos, que se xubila no centro.
As persoas homenaxeadas este ano foron Fernando Acuña Castroviejo, Raquel Casal García, Xabier Castro Pérez, Ángel Luis Hueso Montón, Remedios Serna González e José Ramón Vázquez Veiga. Ademais, recolleron a insignia os familiares dos profesores falecidos o ano pasado Pilar Rodríguez Alvarez e Gerardo Pereira Menaut.
O emotivo acto presidiuno o vicerreitor de Oferta Docente e Innovación Educativa, Roberto López López, e nel participaron ademais o decano da Facultade, Juan Manuel Monterroso Montero; o secretario, José Miguel Andrade Cernadas; e os directores dos Departamentos de Historia da Arte e de Historia I, Enrique Fernández Castiñeiras e Mar Llinares García, respectivamente.