Ir o contido principal

O xerme do emprendemento prende na Facultade de Ade

Obradoiros de emrendemento celebrados na Facultade de ADE
Obradoiros de emrendemento celebrados na Facultade de ADE
O acto celebrado este xoves ao abeiro do XVII Concurso de Ideas Empresariais Innovadoras da USC espertou o interese dun elevado número de estudantes e docentes
Lugo

O campus de emprendemento celebrado este xoves na Facultade de Administración e Dirección de Empresas do Campus de Lugo ao abeiro do XVII Concurso de Ideas Empresariais Innovadoras da USC espertou o interese dun elevado número de estudantes e docentes, que participaron nas distintas actividades complementarias programadas no marco deste evento a prol da innovación e do emprendemento empresarial.

O evento, dirixido a toda a comunidade universitaria e especialmente ao estudantado, comezará coa apertura dos diversos expositores sobre os programas Argos e Explorer, do XVII Concurso de Ideas Empresariais Innovadoras da USC, así como do FAB Lab Lugo Open Factory, incluído no proxecto Atlantic Youth Creative Hubs, no marco do que se celebrou un obradoiro de creatividade-Design Thinking.

Un relatorio sobre o proceso de transformación dunha idea nun proxecto innovador abriu a quenda de intervencións. De seguido, Mar Castro, de Consultoría Comunicación, ofreceu unha charla sobre a importancia da marca persoal para transmitir unha idea innovadora. A técnico de orientación laboral da USC no Campus de Lugo, Gloria Cruz, disertou neste foro sobre os tips básicos no proceso de busca de emprego, mentres que Raúl Ordóñez, de Sherpa Dixital, pechou a sesión co relatorio ‘Ideas dixitais, ideas innovadoras’.

Relatorios sobre márketing personal, tics de emprego, creatividade e ideas dixitais

Os contidos desta páxina actualizáronse o 09.12.2019.