Os XII Premios á Calidade Lingüística entréganse este mércores
A vicerreitora de Servizos Universitarios do campus de Lugo, Carme Silva, preside este mércores, 1 de marzo, a entrega da duodécima Premios á Calidade Lingüística para promover o emprego da lingua galega entre o estudantado. A convocatoria, que conta co apoio económico da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, recoñece a calidade dos traballos académicos, fin de mestrado (TFM), e de fin de grao (TFG) e proxectos de fin de carreira (PFC).
A entrega celebrarase ás 12.00 horas na Sala de Profesorado da Facultade de Xeografía e Historia nun acto no que tamén participarán o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez; o decano da facultade anfitrioa, Francisco Durán; e o director do Servizo de Normalización Lingüística da USC, Manuel Núñez Singala.