Unha xincana solidaria sensibilizará este martes sobre protección ambiental e xestión de residuos en Veterinaria
A Facultade de Veterinaria acubillará este martes, a partir das 19.00 horas, una xincana solidaria cuxa temática xirará arredor da protección medioambiental e das actuacións individuais e colectivas fronte á xestión sustentable dos residuos.
Esta actividade de sensibilización está organizada pola Oficina de Desenvolvemento Sostible da USC, a través da bolseira do Servizo de Participación de Integración Universitaria (SEPIU) da Facultade de Veterinaria, e está aberta á participación de todos os membros da comunidade universitaria. As distintas probas programadas no marco desta xincana desenvolveranse nas instalacións da Facultade de Veterinaria, onde previamente se reunirán todos/as os/as participantes neste xogo no local da asociación Asociación Estudantil de Natureza e Defensa Animal (Aenda), emprazado a carón da Aula de Teatro.
As persoas que estean interesadas en participar nesta actividade lúdica e de sensibilización medioambiental aínda poden apuntarse de xeito totalmente gratuíto no enderezo de correo electrónico ods.lugo [at] gmail.com (ods[dot]lugo[at]gmail[dot]com).