Ir o contido principal

Unha xornada abordará en Dereito as novas opcións de empregabilidade na área tecnolóxica

A xornada desenvólvese en Dereito. FOTO: Santi Alvite
A xornada desenvólvese en Dereito. FOTO: Santi Alvite
Para asistir é preciso formalizar a inscrición na actividade ata o 14 de novembro
Santiago de Compostela

O Salón de Graos da Facultade de Dereito acollerá o martes 15 de novembro unha xornada sobre alternativas profesionais na área de novas tecnoloxías dirixida principalmente a alumnado de áreas STEM pero de interese tamén para estudantes doutras áreas.

Organizada pola Área de Orientación Laboral en colaboración coa empresa tecnolóxica Altia,  a sesión 'JUMP IT: dá o salto ao sector IT' busca ofrecer ao estudantado unha visión sobre as diferentes oportunidades que presenta este sector e sobre novas opcións de empregabilidade máis descoñecidas na área tecnolóxica. Ademais, os profesionais de RRHH de Altia, darán a coñecer as oportunidades profesionais que ofrecen a titulados universitarios nesta empresa.

Trátase dunha actividade presencial que se desenvolverá das 11.00 ás 12.00 horas. Para asistir é preciso formalizar a inscrición na actividade ata o 14 de novembro. 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 09.11.2022.