Xornada ‘O audiovisual como ferramenta de inclusión socioeducativa’
A Facultade de Ciencias da Educación acolle este martes 30 a xornada ‘O audiovisual como ferramenta de inclusión socioeducativa: Vida’, que se inaugurará ás 9:30 horas no Salón de Actos do Campus Vida nun acto no que participan Subdirector Xeral de Promoción da Autonomía Persoal e Prevención da Dependencia, Luis M. Vázquez Cerreira; a vicerreitora de Comunicación, Cultura e Servizos, Mar Lorenzo Moledo; a decana da Facultade, Carmen Fernández Morante; o coordinador do Grupo de Investigación Esculca, Miguel A. Santos Rego; o profesor Alexandre Sotelino Losada, director da xornada; e a xefa territorial de Política Social da Xunta de Galicia, Francisca Gómez Santos.
Durante este acto de apertura entregaráselle a Rubén Riós o informe resultante da avaliación da curtametraxe Vida e Mais ca Vida. Posteriormente haberá un panel coa participación das profesoras de Ciencias da Educación Paula Outón Oviedo e María del Carmen Gutierrez Moar. A proxección das curtas e a elaboración dun mural das emocións pecaharán o encontro.
Esta actividade está organizada polo Grupo de Investigación Esculca da USC e conta coa colaboración da Comisión de Cultura e Normalización Lingüística da Facultade de Ciencias da Educación e da productora Claqueta Coqueta.