Ir o contido principal

Unha xornada no CIBUS analizará novas estratexias de innovación e valorización

Montserrat Vendrell, directora de Biocat, a Biorexión de Catalunya e membro do comité asesor internacional de Campus Vida, abrirá este venres 16 as xornadas ‘Estratexias de Innovación e Valorización’ que se van celebrar no Salón de Actos do edificio CIBUS (Campus Sur, fronte á Facultade de Bioloxía).
Ás 10:45 horas, Montserrat Vendrell tomará como referencia o caso de Biocat para ilustrar o proceso de creación e impulso dun bioclúster, tema da súa intervención. Seguiralle o director xeral de DIGNA BIOTECH, Pablo Ortiz, cun relatorio sobre a xestión integral de patentes e transferencia no Centro de Investigación Médica Aplicada (CIMA) da Universidade de Navarra.
Completando a xornada, o director xeral da Fundación Genoma España, Rafael Camacho, ao programa Innocash para a valorización de resultados a través da dinamización da inversión privada. Logo destas intervencións abrirase un coloquio.
O encontro ofrece aos participantes a oportunidade de coñecer de primeira man a opinión de expertos en estratexias de innovación e busca de novas vías de colaboración entre o sector público e o privado.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 13.04.2010.