Ir o contido principal

Xornada en Dereito sobre condución e consumo de drogas

Este xoves 4 de maio a Facultade de Dereito da USC acubillará unha xornada sobre os aspectos económicos e legais da condución asociada ao consumo de drogas. Co organizado coa Fundación Galega contra o Narcotráfico, o encontro diríxese ao alumnado en xeral, que deberá solicitar a inscrición gratuíta no enderezo zderdeca [at] usc.es (zderdeca[at]usc[dot]es).

Ao longo da xornada, que comeza ás 10.00 horas, abordaranse diversos contidos relacionados coas consecuencias da condución de vehículos baixo os efectos do alcol e outras drogas, con especial atención ás derivacións desta problemática no ámbito legal e económico. Trátase así de informar e sensibilizar a poboación universitaria de Galicia e lograr un posicionamento activo entre a mocidade, concienciando aos condutores sobre a importancia de conducir dun modo responsable.

Está prevista a participación de representantes da Dirección Xeral de Tráfico, da Garda Civil, de profesorado universitario, de aseguradoras automovilísticas e da Fiscalía de Seguridade Vial de Galicia.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 03.05.2017.