Ir o contido principal

Unha xornada en Dereito debate as estratexias de seguridade marítima de España e da Unión Europea

Unha xornada en Dereito debate as estratexias de seguridade marítima de España e da Unión Europea
Unha xornada en Dereito debate as estratexias de seguridade marítima de España e da Unión Europea

Tanto España no ano 2013 como a UE este mesmo ano acaban de aprobar recentemente as súas respectivas estratexias de seguridade marítima co obxectivo de mellorar a cooperación entre autoridades civís e militares e implicar operativamente a todos os actores relevantes neste ámbito: forzas e corpos de seguridade, autoridades de control fronteirizo, aduanas, de inspección de pesca, autoridades ambientais, responsables da administración marítima e á propia industria. A área de Dereito Internacional Público e Relacións Internacionais, o Centro de Estudos de Seguridade (CESEG) e o Centro de Estudos e Documentación Europeos (CEDE) organizan una xornada de achegamento ás estratexias de seguridade marítima de España e da Unión Europea no que diversos expertos realizarán unha aproximación ás cuestións máis relevantes que suscitan estas novas estratexias. Celebrarase a partir das 16.30 horas na Facultade de Dereito baixo a dirección de Carlos Teijo García e coordinado por Julio Jorge Urbina.

O programa contempla dous bloques temáticos, cunha primeira parte que proporá unha reflexión estratéxica sobre a seguridade marítima e un segundo bloque de intervencións baixo o lema ‘ Respostas estratéxicas fronte a ameazas específicas para a seguridade marítima’. Como explican os promotores do encontro, trátase dunha tema de gran relevancia xa que aproximadamente un 90 % do comercio exterior e un 40 % do comercio interior da UE se transportan por vía marítima. Ademais, a UE é o terceiro maior importador e o quinto produtor mundial de pesca e acuicultura e máis de catrocentos millóns de viaxeiros pasan cada ano polos portos da Unión Europea.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 05.12.2014.