Xornada sobre emprendemento universitario
No marco da celebración dos 50 anos dos estudos de economía de Galicia, a Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC organiza o 16 de febreiro en colaboración con GEM Galicia unha xornada sobre emprendemento universitario, de entrada libre previa inscrición.
A sesión consiste nunha mesa redonda na que participarán especialistas que explicarán a realidade da cuestión no momento actual. Así, Maribel Guerrero dará a coñecer os resultados do Observatorio de Emprendemento Universitario en España (CISE-CRUE-RedEmprendia), do que é autora, e a profesora da USC e directora técnica do Informe GEM Galicia, Isabel Neira, fará unha análise da evolución nos últimos anos en Galicia.
O emprendemento universitario desde unha perspectiva de xénero será o tema a tratar pola técnica de transferencia de coñecemento no Programa Woman Emprende da USC Eva López e a promotora da empresa Situm, Cristina Gamallo.