Ir o contido principal

Xornada sobre emprendemento universitario e iniciativas emprendedoras na Facultade de ADE

Begoña Barreiro, na apertura da xornada
Begoña Barreiro, na apertura da xornada

A Facultade de Administración e Dirección de Empresas acolleu este venres a celebración dunha xornada sobre emprendemento universitario e iniciativas emprendedoras aberta á participación de toda a comunidade estudantil do Campus Terra.

A decana da Facultade de Administración e Dirección de Empresas do Campus Terra da USC, Begoña Barreiro Fernández, abriu a xornada cunha breve intervención, na que animou ao estudantado participante a coñecer as distintas posibilidades e liñas de axuda existentes para emprender e desenvolver iniciativas empresariais. No marco esta sesión de carácter informativo participaron como distintos relatores, que aproveitaron a súas intervencións para proceder á presentación da oficina da área de Valorización e Transferencia e Emprendemento da USC no Campus Terra, así como do Concurso de Ideas Empresariais Innovadoras. A presentación ao alumnado asistentes a esta sesión informativa sobre os programas de bolsas BoosterWE e M2M da Rede Emprendia e os testemuños e experiencias de universitarios emprendedores que hoxe representan firmas de base tecnolóxica, tales como o son Tabstelab ou 3eData, completaron o programa unha actividade promovida e organizada polo equipo decanal da Facultade de ADE. Asistentes á xornada sobre emprendemento universitario e iniciativas emprendedoras

Os contidos desta páxina actualizáronse o 22.04.2016.