Unha xornada explicará as posibilidades laborais para titulados en Física no ámbito da defensa e a seguridade
Estudantado da área de Ciencias, especialmente de Física, titulados/as recentes e en exercicio son os destinatarios/as das xornadas ‘Exercicio profesional dos físicos españois no ámbito da defensa e seguridade da cidadanía’, unha xornada a celebrar o xoves 25 na Facultade de Física da USC organizada polo Colexio Oficial desta disciplina co apoio da Secretaría Xeral de Política de Defensa do Ministerio de Defensa.
De asistencia libre previa inscrición en http://bit.ly/defensa18, a xornada comezará ás 19.00 horas da man da decana da facultade, Elena López Lago, e do vicepresidente do Colexio Oficial de Físicoa, José Francisco Castejón Mochón. Desgeuido terá lugar a presentación de distintos aspectos relacionados co exercicio profesional no ámbito da seguridade e a defensa. Intervirán a delegada de AEMET en Castela A Mancha e ex xefa da unidade de apoio meteorolóxico da OTAN, Paloma Castro Lobera; o director do Centro Internacional de Investigación sobre Materias Primas Críticas para Tecnoloxías Industriais Avanzadas de Castela-León (ICAMCyL), Santiago Cuesta López; e o xefe de seguridade en Autoridade Portuaria de Vigo, Juan José Martín González.
Logo da quenda de intervencións abrirase un coloquio aberto á participación do público.