Ir o contido principal

Xornada sobre fórmulas de financiamento na economía social

Xornada sobre fórmulas de financiamento na economía social
Xornada sobre fórmulas de financiamento na economía social

A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais e a Rede Eusumo organizan para este venres 5 unha xornada na que se analizarán diversas fórmulas de financiamento na economía social.

O encontro comezará ás 9.00 horas na Aula B da Facultade cunha explicación sobre o concepto de economía social a cargo de Alexandre Pereira Pérez, técnico da Rede Eusumo. A continuación terá lugar unha mesa redonda sobre finanzas éticas e solidarias na que, moderada pola profesora da USC Loreto Fernández, participarán o coordinador territorial de Fiare Banca ética, Gonzalo Gesto; a presidenta de AIS O Peto, Montse Rodríguez; e Ramón Carmelo, da Secretaría Técnica de Coop 57.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 04.10.2018.