Ir o contido principal

Xornada de portas abertas na Aula de Teatro da USC

Xornada de portas abertas na Aula de Teatro da USC
Xornada de portas abertas na Aula de Teatro da USC
Este xoves 12 a partir das 19.00 horas na Sala Roberto Vidal Bolaño
Santiago de Compostela

A Aula de Teatro da USC celebrará este xoves 12 unha sesión informativa aberta a todas as persoas interesadas para presentar o seu programa de actividades para o curso 2019/20. Celebrarase a partir das 19.00 horas na Sala Roberto Vidal Bolaño.

Ademais desta sesión de portas abertas, a Aula de Teatro universitario do campus compostelán celebrará entre os días 16 e 18 a convocatoria de acceso tanto para a obra que estreará no presente curso académico como para as actividades da Escola de Teatro. As probas comezarán ás 18.00 horas na Sala Roberto Vidal Bolaño no Auditorio da USC (Campus Vida).

O programa de actividades da Aula teatral, dentro da súa Escola de formación, contempla cursos de interpretación (interpretación, canto e movemento en escena), así como de dirección teatral (dramaturxia, escrita dramática e iluminación). As persoas interesadas en acadar máis información tamén poden dirixirse ao teléfonos 8818 11 018 ou 8818 11 021.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 23.12.2019.