Ir o contido principal

Xornada de portas abertas no CiTIUS da USC para estudantes de grao e máster

A xornada desenvolverase na mañá do 30 de abril
A xornada desenvolverase na mañá do 30 de abril
Con inscrición previa, a xornada desenvolverase na mañá do 30 de abril

O Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (CiTIUS) da USC organiza na mañá do vindeiro martes 30 de abril unha xornada exclusiva de investigación dirixida ao estudantado de grao e máster da institución compostelá. Este evento ofrece unha oportunidade sen precedentes para explorar o traballo levado a cabo no CiTIUS no ámbito da intelixencia artificial e das tecnoloxías intelixentes.

A xornada comezará ás 12.00 horas coa benvida da dirección do centro, que proporcionará ao alumnado unha visión xeral do traballo científico que posiciona ao CiTIUS da USC como referente en Galicia no campo da intelixencia artificial. As persoas participantes terán a posibilidade de mergullarse nas diferentes liñas de investigación nas que traballa o centro así como visitar os laboratorios e as infraestruturas singulares, entre as que destacan o laboratorio de robótica e o laboratorio de microelectrónica.

Para participar na xornada, con prazas limitadas, tan só é necesario inscribirse previamente cubrindo o formulario de rexistro en liña.

 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 24.04.2024.