Ir o contido principal

Xornada de portas abertas no Sistema de Información Territorial da USC, no CACTUS de Lugo

O Sistema de Información Territorial (SIT) da USC realiza, este mércores 18, unha xornada de portas abertas no edificio CACTUS do Campus de Lugo co gallo da celebración do Día Mundial dos Sistemas de Información Xeográfica.
Ao longo de toda a xornada, os técnicos explicarán aos visitantes o seu traballo diario e o funcionamento das principais unidades. Ademais, farán demostracións dos últimos equipos e servizos adquiridos polo SIT, como é o caso do láser escáner 3D, que posibilita a obtención de nubes de puntos de obxectos en tres dimensións; o microdone, que é un avión de control remoto para a toma de fotos aéreas; ou o xeoradar, que facilita a medición de capas do solo e obxectos enterrados.
Os interesados en visitar as instalacións do SIT poden facelo en horario de 10:00 a 15:00 horas, e de 16:00 a 20:00 horas.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 17.11.2009.