Ir o contido principal

Xornada de presentación das Empresas de Base Tecnolóxica creadas na USC en 2017

O pasado ano 2017 constituíronse formalmente tres Empresas de Base Tecnolóxica creadas a partires de resultados de investigación xerados na USC: Intera, AYeconomics e Dimelab. As tres presentaranse este venres 23 nun acto que presidirá o reitor Viaño ás 11.30 horas no Edificio Emprendia (Campus Vida).

Ademais de responsables de cada unha delas, no evento intervirán ademais a vicerreitora de Investigación e Innovación, Isabel Rodríguez-Moldes Rey, e o adxunto ao Reitor para Transferencia, Innovación e Emprendemento, José Manuel Cotos Yáñez.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 22.02.2018.