Ir o contido principal

Xornada sobre saídas laborais na Escola Universitaria de Relacións Laborais

Mercedes Montes, Manuel Núñez, Laura Copa e Jéssica Regueiro, en Relacións Laborais
Mercedes Montes, Manuel Núñez, Laura Copa e Jéssica Regueiro, en Relacións Laborais
Profesionais en exercicio presentan ao alumnado do grao en Relacións Humanas e Recursos Humanos os itinerarios de empregabilidade que ofrece na actualidade o sector público e as empresas
Lugo

A Escola Universitaria de Relacións Laborais do Campus de Lugo da USC acolleu este mércores unha xornada sobre orientación profesional y saídas laborais dirixida ao alumnado do centro. A sesión, moderada pola directora do centro universitario, Mercedes Montes, estivo estrurada en dúas táboas redondas nas que os distintos relatores convidados presentaron aos futuros profesionais os distintos escenarios que ofrece o mercado laboral tanto na administración pública como na esfera privada.

A inspectora de Traballo e Seguridade Social Jéssica Regueiro Fernández, a subdirectora provincial de Xestión Recaudatoria da Dirección Provincial Tesourería Xeral da Seguridade Social, Laura Copa Novo, e o presidente do Colexio Oficial de Graduados Sociais de Lugo, Manuel Núñez Carreira, ofreceron os seus respectivos testemuños na primeira quenda de intervencións dunha xornada que logo tamén abordaría as posibilidade de inserción laboral das persoas graduadas en Relacións Laborais e Recursos Humanos no sector privado.

As oportunidades de emprego que deparan os departamentos de prevención de riscos laborais das empresas centrou a temática da intervención de Ángel Agora Aizpurua, mentres que David Seijas Vázquez fixo unha presentación do traballo que se desenvolve nos departamentos de Recursos Humanos. A xornada rematou cun faladoiro de Pilar Delgado Jul respecto das tarefas que se desenvolven nos departamentos de administración das empresas.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 19.04.2023.