Ir o contido principal

Unha xornada na USC informa aos investigadores sobre propiedade intelectual

Terá lugar o vindeiro mércores, día 22, no edificio CACTUS

A Universidade de Santiago organiza unha reunión informativa sobre propiedade intelectual para o vindeiro mércores, día 22, ás 11:00 horas. A charla, que contará coa presenza dos expertos en patentes Juan Arias e Miguel Lorca, celebrarase no Edificio CACTUS.
Na sesión abordaranse dous aspectos particulares das solicitudes de patentes que son a designación dos inventores e as súas implicacións xurídicas. Por outra banda, tamén se tratarán as liñas xerais sobre os cadernos de laboratorio como proba de invención nas xurisdicións.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 17.10.2008.