Ir o contido principal

A V Xornada de Usuarios de R en Galicia desenvólvese este xoves en Matemáticas

A V Xornada de Usuarios de R en Galicia desenvólvese este xoves en Matemáticas
A V Xornada de Usuarios de R en Galicia desenvólvese este xoves en Matemáticas

A Facultade de Matemáticas acolle este xoves 25 a V Xornada de Usuarios de R en Galicia, que pretende ser un punto de encontro para todas aquelas persoas interesadas en intercambiar as súas experiencias e atopar colaboracións do resto da comunidade. A inscrición é de balde e de libre acceso.

Organizada pola Oficina de Software Libre do CIXUG e patrocinada pola AMTEGA coa colaboración da Asociación de Usuarios de Software Libre da Terra de Melide (MeLISA) e da Facultade de Matemáticas, coa xornada trátase de promocionar e difundir o coñecemento libre da linguaxe estatística R e mostrar as súas aplicacións.

O programa contempla diversos relatorios ao longo de todo o día, ademais de dous obradoiros, un deles para usuarios noveis impartido por Mª José Ginzo Villamayor, do Departamento de Estatística, Análise Matemática e Optimización da USC (a actividade enmárcase dentro do Sistema Titorial da Facultade de Matemáticas), e outro máis avanzado impartido por María Aurora Baluja González, do Servizo de Anestesioloxía e Reanimación do CHUS.

Entre os participantes figuran especialistas de empresas como Finsa, Improving Metrics ou Abanca e da Administración como o Instituto Galego de Estatística, a Dirección Xeral de Saúde Pública e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA). Tamén haberá presencia de investigadores do CESGA, do ITMATI e de Gradiant así como profesores do eido da Estatística a e Investigación Operativa das tres universidades galegas e alumnado do programada de Doutoramento en Estatística a e Investigación Operativa.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 23.10.2018.