A xornada ‘Violencia de xénero e dereito do traballo’ aborda esta problemática dende os eidos social e laboral
Baixo o lema ‘Violencia de xénero e dereito do traballo’, as profesoras Lourdes Mella e Consuelo Ferreiro dirixen un curso que vai explorar distintos enfoques do tema proposta. A orientación laboral, psicolóxica e social estarán presentes neste encontro no que intervirán docentes da USC así como das universidades de Vigo, Complutense e Alcalá de Henares, e representantes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e do Xulgado número 3 de Betanzos. A relación entre dereito internacional e violencia de xénero, a política autonómica nos casos de agresión, a acreditación da situación de violencia de xénero e a protección das vítimas, a consideración destas circunstancias como enfermidade de traballo ou o acoso moral como manifestación desta violencia, son algúns dos temas que se analizarán na xornada do 7 de xullo. Na quenda do 8 de xullo, o conxunto de expertos reunidos comezarán debatendo sobre a ausencia ao traballo das vítimas e violencia de xénero e a súa relación co despedimento para continuar cunha serie de comunicacións nas que se prestará atencións á particularidades sociais nos casos de violencia, planes de igualdade ou protección social das vítimas, entre outroa asuntos. O prazo de matrícula estenderase ata o próximo 6 de xullo, estando recoñecida a participación no curso cun crédito de libre configuración para as Licenciatura de Dereito e a Diplomatura de Relacións Laborais. Para acadar máis información, as persoas interesadas deben dirixirse a Alicia Villalba da Área de Dereito do Traballo e da Seguridade Social da USC, ou no correo electrónico alicia.villalba [at] usc.es (alicia[dot]villalba[at]usc[dot]es) ou tamén a lourdes.mella [at] usc.es (lourdes[dot]mella[at]usc[dot]es) ou consuelo.ferreiro [at] usc.es (consuelo[dot]ferreiro[at]usc[dot]es).