Ir o contido principal

As Xornadas de Arqueometría en Galicia comezan este venres no Paraninfo da Universidade

As I Xornadas de Arqueometría en Galicia. A cerámica arqueolóxica reunirán este venres 17 e o próximo día 24 un conxunto de relatorios que amosarán as posibilidades que ofrece o desenvolvemento interdisciplinar da aqueometría e a arqueoloxía para divulgar tanto os aspectos metodolóxicos como aqueles teóricos e prácticos que permitirán a obtención de gran número de datos para a reconstrución do pasado. A sesión inaugural celebrarase este venres 17 ás 9.00 horas no Paraninfo da Universidade (Facultade de Xeografía e Historia) presidida polo vicerreitora de Investigación e Innovación, Isabel Rodríguez-Moldes Rey, xunto a quén tamén asistirá o decano da Facultade, Juan Monterroso, e as coordinadoras da xornadas Raquel Casal García e Pilar Prieto Martínez. As xornadas van destinadas tanto a estudantes de arqueoloxía de grao, máster e doutoramento como a aqueles investigadores, empresas de arqueoloxía e outros profesionais dedicados ao patrimonio arqueolóxico. A aqueometría é unha estratexia considerada fundamental na actualidade para a obtención de información a partir dun gran número e variedade de evidencias materiais. Permite a reconstrución do pasado e a obtención dun tipo de datos impensables de conseguir doutra forma.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 16.10.2014.