Ir o contido principal

Unha xornadas en Dereito profundarán nas novidades normativas sobre bo goberno corporativo e administración

O Centro de Responsabilidade Social, Goberno Corporativo e Protección do Inversor da USC (CERGI) e a Rede Universitaria Empresa e Administración organizarán o próximo luns 27 a xornada ‘ Bo goberno corporativo e administración’. Este é un encontro dirixido a estudantes, profesionais da avogacía, empresarios e empresarias e público interesado para analizar a reforma da Lei de Sociedade de Capital, o novo código de Bo Goberno das Sociedades Cotizadas así como a nova Estratexia Española de RSE. O programa da xornada a celebrar o próximo luns 27 contará coas intervencións do presidente do Centro de Goberno Corporativo, Rafael Mateu de Ros, falando sobre ‘A reforma da Lei de Sociedades de Capital’; o director do Departamento de Informes Financeiros e Corporativos da CNMV, Eduardo Manso Ponte, aludindo ao novo código de bo goberno da comisión de valores; e ao xefe da Área de Responsabilidade Social das Empresas do Ministerio de Emprego, Pablo García-Valdecasas, que presentará a nova estratexia española de responsabilidade social das empresas para o período 2014-2020. O programa completarase cunha sesión de Responsabilidade Social Empresarial que impartirán José Luis Blasco e Patricia Reverter, de KPMG. As distintas intervencións celebraranse na Sala de Xuntas da Facultade de Dereito a partir das 16.30 horas. As persoas interesadas poden inscribirse no correo electrónico cergi [at] usc.es (cergi[at]usc[dot]es) ou atopar máis información na web do CERGI.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 24.04.2015.